Cuba e a lusofonía centran os ciclos de cine da Universidad de Santiago

Cine multicultural

25/4/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O cine protagoniza a axenda cultural universitaria estes días. Dunha banda porque a Universidade de Santiago estrea hoxe un ciclo luso-afro-brasileiro. Un evento que comeza hoxe coa proxección na residencia Monte da Condesa do filme angolano “Comboio da canhoca”, séguelle a brasileira “Zuzu ángel” e o venres pecha coa produción portuguesa “Coisa ruim”. Da outra, porque a Vicerreitoría de Cultura e a Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier da USC organizan o xoves unha xornada na que estarán o guionista de ‘Fresa y chocolate’ e a reitora do Instituto Superior de Arte da Universidade das Artes de La Habana.

Máis información no web da USC sobre o ciclo lusófono e a cultura cubana

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, USC, Cuba, Lusofonía

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares