Preséntase o III Encontro coa Pintura e a Poesía que reunirá 46 creadores no pazo de Mariñán

Pintar Mariñán

13/4/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Consolidándose como cita anual, a Deputación da Coruña presentaba onte o III Encontro coa Pintura e a Poesía de Mariñán. O evento reunirá entre o 19 e o 22 de abril 46 creadores poéticos e plásticos que desenvolverán diferentes actividades creativas. Como final, elaboraranse oito grandes teas entre todos os participantes, unhas obras que pasarán a formar parte do patrimonio artístico da Deputación da Coruña.

Máis información no Galicia Hoxe; en La Opinión e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Deputación da Coruña, Pazo de Mariñán, Galicia Hoxe...