Aínda que a xuntanza fundacional desenvolveuse o sábado vintetres de febreiro, aínda onte se fixo público. O reintegracionismo galego conta cun novo órgano, a Assembleia da Língua, na que están representados a práctica totalidade de colectivos partidarios desta opción ortográfica para o noso idioma. As xuntanzas e contactos realizados a partir do manifesto conxunto do 15 de decembro permitiron que este movemento contase, por primeira vez nos últimos quince anos, cunha unidade organizativa.
Assembleia da Língua
A Assembleia da Língua defínese coma "uma plataforma aberta de acção cultural e social em favor da língua" que pretende "coordenar esforços de pessoas e colectivos para activar socialmente uma ampla concepção galego-portuguesa da língua e da cultura".
Na súa formación están involucrados representantes da maior parte das agrupacións reintegracionistas do país, incluíndo o Movimento de Defesa da Língua (MDL), a Associaçom Galega da Língua (AGAL), a Fundaçom Artábria, e diversas organizacións de carácter local coma a Assembleia Bonaval de Compostela, a Assembleia Reintegracionista NH de Pontevedra ou a Associaçom Cultural Alto Minho de Lugo entre outras. Aínda que a participación na Assembleia realízase de xeito individual, ata o de agora todos os colectivos apoian esta nova formación. A idea é funcionar coma unha "organización paraugas" que coordine as diferentes iniciativas do reintegracionismo do país.
A Assembleia funciona mediante xuntanzas periódicas dos seu membros e cunha coordinadora que convocará e preparará as distintas xuntanzas e realizará as xestións necesarias para definir o traballo a desenvolver. Os membros da coordinadora son Aurora Tasende Pombo, Celso Álvarez Cáccamo, Francesco Traficante Peláez, Irene Veiga Durão, José Ramom Pichel, Mário J. Herrero Valiro, Maurício Castro, Suso Sanmartin e Víctor Meirinho.
Un pouco de historia
O movemento reintegracionista carecía dunha unidade orgánica desde hai máis de quince anos. Diferentes agrupacións locais, partidarios da normativa de máximos e do portugués padrón mantiñan candansúa agrupación sen artellar iniciativas común.
O fracasado intento de reforma normativa desenvolvido polo Instituto da Língua Galega (ILG) e as tres universidades serviu coma punto de inflexión para consensuar unha postura común do reintegracionismo, que viu a súa expresión no manifesto do quince de decembro encol da reforma normativa.
A raíz da asamblea que deu lugar a ese manifesto, creouse unha lista de correo coa intención de dar forma a unha maior coordinación entre colectivos, convocándose para o sábado vintetres de febreiro unha segunda xuntanza en Compostela. Foi nesta xuntanza onde se definiu a fórmula de funcionamento deste colectivo e se propuxeron diferentes "uma série de linhas de acção e actividades continuadas para naturalizar socialmente a língua comum. "