O documental “As cores do mar de Galicia” achégase á diversidade do ecosistema mariño, clave para un desenvolvemento sostible dos recursos pesqueiros

Culturagalega TV: As cores do mar de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Galicia conta cunha dilatada historia mariñeira. Malia iso existe un gran descoñecemento do ecosistema que vive na costa. O documental “As cores do mar de Galicia” afirma que “para preservar o futuro da actividade pesqueira cómpre un profundo coñecemento do ecosistema mariño que sirve de soporte a un desenvolvemento racional”. Por iso, en 42 minutos fai un acercamento ás especies que viven nas profundidades das rías. O traballo chega da man de UvigoTV, o centro de recursos multimedia da Universidade de Vigo.

Mira o episodio en culturagalegaTV

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Documental, Universidade de Vigo

Claves

Conceptos
Lugares