Un ciclo de cine abre o Mes da Astronomía en Pontevedra

As outras estrelas de cine

6/2/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Comezou sendo unha semana pero agora é xa todo un mes. O período destinado á astronomía que organiza a Asociación Astronómica Rías Baixas e a Fundación Caixa Galicia empeza esta semana cun ciclo de cine. “Contact” de Robert Zemmechis, “Apolo XIII”, “2001, unha odisea no espazo” e “Deep Impact” son algúns dos títulos que se proxectarán esta semana para ambientar este ciclo. As actividades presentaranse no edificio Café Moderno a partir das 20:00 horas da tarde e a entrada é de balde.

Máis información no web da Asociación Astronómica Rías Baixas

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Rías Baixas, Pontevedra, Caixa Galicia...