Cultura apoiará a presenza da música galega en feiras e mercados internacionais

In tunes

19/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O domingo comeza en Cannes unha das feiras máis destacadas do panorama musical, o MIDEM. Alá irán as discográficas galegas e, por primeira vez, con apoio institucional. Estarán baixo a marca “GalicianTunes. Music in action” co que se inicia a nova política musical da Consellaría de Cultura. Axudas á presenza en feiras e mercados exteriores tanto de artistas como de empresas, así como liñas de subvención a produción centran os principais eixes de actuación. Isto engádese ao xa anunciado, a potenciación da difusión na música no país a través da renovada Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Máis información no sitio web da marca Galiciantunes, no da Consellaría de Cultura, as axudas ao sector escénico e musical no DOG e sobre a Rede na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Rede Galega de Teatros e Auditorios, Cannes