A Sinfónica de Galicia estrea a obra do galego Paulino Pereiro

De estreas e despedidas

12/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
“Ceo” é o título da obra composta polo coruñés Paulino Pereiro. Unha peza que estreou a Orquestra Sinfónica de Galicia (repite hoxe ás 20:30 horas) e que se inclúe dentro da súa liña de apoio aos compositores galegos. Mentres esta obra se presenta, os que se despiden son os integrantes do grupo folk ferrolán “Os Cempés”, que veñen de anunciar a súa separación. Despois de doce anos o grupo que ten no seu haber discos como “Capitán Re”, “Moe a Moa” e o recompilatorio “Circo Montecuruto” o grupo disolverase ao rematar a xira de concertos que iniciarán neste 2007.

Máis información en La Voz de Galicia sobre “Ceo” de Paulino Pereiro e sobre Os Cempés

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

04/08/2011

Os Cempés voltan á escena

O coñecido grupo folk actuará o vindeiro 20 de agosto no Festival da Anchoa e prepara unha xira

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Orquestra Sinfónica de Galicia, Folk, La Voz de Galicia, Lingua galega

Claves

Entidades
Conceptos