A xornalista Xia Arias (A Fonsagrada, 1983) ven de gañar coa obra Poemas nas ortigas o XIX Premio Nacional Xosé María Pérez Parallé de poesía. A editorial Espiral Maior publicará a obra e o vindeiro sábado, día 25 de novembro, entregarase o galardón á autora nun acto que terá lugar no Casino de Fene. Tamén a obra O afundimento do Tiránic, de Breogán Riveiro (Montevideo, 1967) gañou estes días o IV Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Títeres 2006 na categoría de monicreques para rapaces, segundo resolveu por unanimidade o xurado. Un total de dez orixinais optaron a esta cuarta edición do galardón promovido polo IGAEM e dotado con catro mil euros.
Máis sobre o Barriga Verde no IGAEM
e sobre o Pérez Parallé en Galicia Hoxe