A libraría máis antiga da Coruña desaparecerá este Nadal por motivo do deterioro do inmoble

Desaparición dun clásico

A Librería Colón leva aberta na Rúa Real da Coruña desde o ano 1935 pero parece que non chegará ao 2007. O edificio no que está o comercio foi declarado en estado de ruína por un xuíz a instancias dos seus propietarios, a Fundación Hermanos Tenreiro, que cederon a finca a un construtor para o levantamento dun inmoble de nova planta. Orixinariamente nese local estivo a Librería Fe-CIAP (Compañía Iberoamericana de Publicaciones) que abría en 1927 desde o número 19 da Rúa Galera, na parte traseira do edificio, foi en 1935 cando a Sociedad General Española de Librerías adquiriuna e abriuna como Librería Colón, sen interrupción ata este ano no que se ven expulsados. Os clientes do local amósanse indignados coa operación inmobiliaria e están a promover a recollida de sinaturas para evitar o peche do establecemento, cuxo nivel de rendibilidade é bo.

Máis información en La Opinión sobre o peche
e sobre a recollida de sinaturas