Científicos estudan os restos primitivos dun caladoiro próximo á costa norte coruñesa

Depósitos salgados

9/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“A selva” é o nome co que os mariñeiros galegos chaman a unha zona sita a unhas catrocentas millas da costa norte coruñesa na que, cando pescan, atopan desde fósiles ata ósos de animais mariños. Ata o momento, só algún deses restos está en mans da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) no seu Museo da Natureza, en Ferrol, que está a investigar a procedencia e a antigüidade dos mesmos. En todo caso, e segundo publica hoxe “La Voz de Galicia”, os problemas cos que se atopan os científicos para determinar a antigüidade do achado está que existen poucas investigacións sobre depósitos de cetáceos e que sería moi custoso facer unha exploración do caladoiro, que está afastado da costa e a 500 metros de profundidade.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Natureza

Claves

Entidades
Conceptos