"CoñecÃn a Castelao. Cheguei a insultalo, incluso", confesa Isaac DÃaz Pardo. O fundador de Sargadelos, que está a recibir nos últimos meses constantes homenaxes, lémbranos os tempos en que era un adolescente e militaba nas Xuventudes Comunistas Unificadas. A República, a Guerra Civil, a represión e os seus inicios artÃsticos sucédense na voz deste veterano galeguista. Con el comezamos a nova serie de CulturagalegaTV, "Historias de Vida", unha selección de pequenas pezas audiovisuais de tres minutos que rescatan a memoria de personaxes clave na historia da nosa cultura e que foron elaboradas polo director Xan Leira, de Acuarela Films.
Mira o episodio en culturagalegaTV