No mes de marzo, o científico suízo Heinrich Rohrer e Premio Nobel de Física en 1986, estivo en Santiago dentro dun programa divulgativo para achegar a ciencia á cidadanía. Agora e dentro dese mesmo programa (chamado “Conciencia” e promovido polo Consorcio de Santiago), chega o Nobel de Medicina sueco, Torstein Nils Wiesel, quen descubriu como a zona cerebral encargada da visión necesita de estímulos para o seu desenvolvemento. Unha descuberta clave para descubrir se as cualidades dun individuo son innatas ou adquiridas. O científico estará en Santiago os vindeiros 9 e 10 de outubro.
Máis información no web do Concello de Santiago e sobre o programa nesta nova
