O Consorcio Audiovisual de Galicia organiza esta fin de semana “Galicia, terra de cine”. Un programa polo que os especialistas de cine dos medios de comunicación coñecerán as producións que se están a facer no pais polos propios creadores. Unha iniciativa que se encadra dentro dos obxectivos do Consorcio de promover o noso audiovisual. Esta mesma fin de semana comeza en Lugo a XVIII Semana Internacional de Cine de Autor na que se exhibirán 52 producións. Entre as que figuran a concurso destaca “O portal”, unha mediametraxe rodada en Lugo dirixida polo galego Felipe Neira (Auditorio Gustavo Freire, dÃa 24).
Máis información no web da Semana Internacional de Cine de Autor