A Real Academia Española revisará as acepcións pexorativas da palabra "gallego"

Gallegos revisados

O recoñecemento oficial de que a palabra "gallego" se pode empregar en español como sinónimo de "parvo" e de "tatexo" pode estar a piques de rematar. Pendentes de recibir os informes ao respecto desde as Academias do Salvador e de Costa Rica, a Real Academia Española está disposta a revisar as acepcións negativas que a palabra "gallego" conserva no seu dicionario. O deputado Bieito Lobeira fixo onte no Parlamento este anuncio. A cuestión motivara diferentes protestas por parte da Real Academia Galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e diferentes colectivos do país.

Máis información en Galicia Hoxesobre a excavación