A coñecida cantiga "A rianxeira" contará cun museo propio na localidade que lle dá nome

Descalciña... no museo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Concello de Rianxo quere homenaxear a composición musical que máis publicidade lle fai. A cantiga "A rianxeira" contará en breve cun museo dedicado exclusivamente a ela. A corporación local realizaba onte este anuncio, cando van facerse sesenta anos da composición da peza por Xesús Frieiro Dourado e mais Anxo Romero Lojo. A intención é que no museo se amose a partitura orixinal da obra, canda a unhas cincuenta versións da canción e mais diferentes documentos.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Concello de Rianxo

Claves

Lugares