En CulturagalegaTV seguimos hoxe a rasa cantábrica, a zona que se forma entre o mar e as estribacións montañosas de orixe tectónica que se erguen entre Burela (Galicia) e San Vicente da Barquera (Santander). Un percorrido que nos leva por Foz, San Cosme de Barreiros, San Miguel de Reinante, A Devesa e Ribadeo e que deixa tras de si os espectaculares areais da mariña lucense, flanqueados polas montañas que ofrecen unha paraxe única.
Mira o episodio en culturagalegaTV