Betanzos cun festival, A Coruña cunha feira e a Federación do Gremio de Editores reparte libros nas praias pontevedresas

Os libros tamén son para o verán

A literatura enche Galicia por todos os lados e de todas as formas. En Betanzos faino cun Festival Internacional de Poesía que lembrará a tradición poética que hai na antiga capital do Reino de Galicia como o importante certame celebrado no 1886 ou os propios Xogos Florais. O evento abrirá mañá as súas portas con poetas chegados de diferentes países e rematará o domingo cun festival de Amancio Prada. Mentres, na Coruña sucédese outra xornada máis da Feira do Libro na que Manuel Rivas firmará exemplares da súa última novela “Os libros arden mal” (de 11 a 14 e de 18 a 22 horas). Por último, a Federación do Gremio de Editores repartirá hoxe agasallos entre os bañistas da praia de A Lanzada que estean lendo libros ou periódicos.

Máis información no Portal de Betanzos, sobre a Feira do Libro da Coruña no portal Editoresgalegos.org