O Consello da Xunta aproba hoxe o proxecto da Lei do Libro, que se discutirá no parlamento o vindeiro outono

Acordo de letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Despois dun longo traballo de preparación co propio sector, esta mesma mañá chega ao Consello da Xunta a Lei do Libro. Este texto, que recoñece o sector editorial coma estratéxico, organiza toda unha serie de medidas para incrementar a lectura no noso país e revitalizar o panorama editorial. Accións de promoción no exterior, novas liñas de axudas, a creación dun Consello Asesor do Libro e mais dunha Cámara do Libro orientada a exportación son algunhas das medidas que se propoñen. Logo de aprobar este proxecto, o Consello da Xunta remitirao ao Parlamento, onde se debaterá á volta do verán.

Máis información no web da Xunta; en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei do Libro, Galicia Hoxe, Culturagalega, La Voz de Galicia