O arcebispado de Santiago fomentará a rehabilitación das súas casas rectorais a través da venda ou cesión

Rectorais en busca de uso

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Hai uns meses saía a noticia que o arcebispado de Santiago asinara un convenio coa Fundación Caixa Galicia para facer un inventario de casas rectorais. Formaba parte dun proxecto de recuperación e posta en valor de casas e hortas desta diocese (que afecta a 109 concellos das provincias de A Coruña e Pontevedra) para aproveitar ese patrimonio que estaba a piques de perderse. Ademais da catalogación, que permitirá coñecer o número exacto das vivendas, o arcebispado pretende cedelas por 20 ou 25 anos mediante convenios ou renda simbólica a quen, custee a súa rehabilitación. Segundo publicaba este fin de semana “La Voz de Galicia”, non se descarta a súa venda, pero dependerá dos casos concretos.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Fundación Caixa Galicia, Culturagalega, A Coruña...