As doazóns de sangue caen un 4% en Galicia cando máis se está a incrementar a demanda

Co sangue baixo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Aínda que o noso país continúa a ocupar o cuarto posto a nivel estatal en canto a doazóns de sangue por cada mil habitantes, os galegos damos menos. Durante 2005 o número de extraccións baixou un 4%, quedando en 119.210, o que equivale a corenta e catro doadores por cada milleiro de habitantes. Este foi o descenso máis importante neste índice, e supón unha creba no crecemento máis ou menos continuado da taxa de doazóns en Galicia. Desde o Centro de Transfusión de Galicia sinalouse que foi precisamente o último verán a época con menos doadores, e anímase a poboación a colaborar para mellorar as reservas nunha das épocas con máis demanda deste fluído vital.

Máis información en La Voz de Galicia e no web do Centro de Transfusión

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia

Claves

Entidades