Mario Iglesias con Nais na categoría de ficción e Diego Méndez por Os dous lados da valla, na de animación foron os vencedores na III edición do Festival de Cans (Porriño). Tamén foron galardoados Ricardo de Barreiro pola súa interpretación en Bos días mentres que Isabel Rey (por Nais") e Isabel Naviera (por Quérote mal) compartiron o premio á mellor actriz. A festa do agro-glamour tivo lugar esta fin de semana e asistiron á cita xente como a actriz Enma Suárez, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e músicos como Iván Ferreiro (exvocalista de Los Piratas) ou Uxía Senlle.
Máis información no web do festival e na nosa hemeroteca