As obras de Pérez Villaamil e de Maruja Mallo son as que máis se cotizan da arte galega

CotizArte

Un óleo do pintor ferrolán do XIX Jenaro Pérez Villaamil vendeuse en 2004 nunha poxa en Madrid por 275.000 euros. Un ano antes, o cadro "Espantapájaros" de Maruja Mallo alcanzaba os 260.000 noutra subhasta en París. Segundo informa hoxe "Faro de Vigo" estas son as obras de arte galegas que acadaron unha maior cotización en poxas. Segundo este mesmo xornal, o escultor Francisco Leiro é o artista vivo máis cotizado do país.

Máis información en Faro de Vigo sobre as obras máis cotizadas; sobre a cotización de Leiro