A Xunta prevé a creación de catro centros de investigación en sectores estratéxicos

Centros para investigar

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
A Xunta remitiulle onde ao Ministerio de Educación e Ciencia unha proposta para crear catro centros científicos en sectores “estratéxicos” para a nosa economía. Un deles completaría os traballos desenvolvidos no Centro Tecnolóxicos de Automoción de Galicia (CTAG), situaríase en Porriño e atendería ao desenvolvemento de sistemas relacionado coa seguridade na conducción. O segundo deles integraríase na chamada Cidade do Mar que se pretende crear en Vigo e prestaría servizos de apoio á investigación en oceanografía. Os outros dous centros irían para Santiago, un para aumentar as aplicacións da capacidade de cálculo do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), mentres que o último sería un Centro de Ciencias para a Conservación do Patrimonio Cultural e formaría parte do complexo da Cidade da Cultura.

Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e no web da Xunta

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Educación, Economía, Centro de Supercomputación de Galicia...