Moaña ensinará a recuperar embarcacións tradicionais mentres que en Samos se recuperará o castro de Formigueiros

Vacacións de traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Setenta e cinco mozos aprenderán a recuperar embarcacións tradicionais en Moaña. É a primeira vez que se desenvolve este proxecto, que permitirá aprender as técnicas para o mantemento dos barcos de madeira. Máis lonxe, en Samos (Lugo), outros vinte e cinco axudarán a recuperar o castro de Formigueiros. Dentro deste campo, os voluntarios farán levantamentos topográficos do depósito, limpeza e o debuxo arqueolóxico das estruturas existentes. Son dous dos campos de traballo que a Dirección Xeral de Xuventude e a Xunta de Galicia oferta a novos de ente 18 e 30 anos. Ambos os dous comezan o primeiro de xullo.

Máis información sobre o campo de traballo que recuperara o castro de Formigueiros en El Progreso e sobre a recuperación de embarcacións tradicionais en Atlántico Diario

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moaña, Samos, Debuxo, Xuventude...