Naceu como contrapunto irónico dun dos festivais de cine mais glamourosos do mundo, o de Cannes (Francia). Aproveitou que ambas localidades se chaman igual para ofrecer un festival que dese conta das curtametraxes que se fan no paÃs. Falamos do Festival de Cans, un evento que permanece fiel á súa orixinalidade tres anos despois da sua creación, pero evidencia un proxecto de traballo que o converte nun referente dentro do mundo das curtametraxes. Nas sete salas espalladas polo lugar proxectarán os dezaoito traballos que hai a concurso, aderezado por espectáculos musicais que completen a programación. Ademais do xa sabido, Mabel Rivera premio Pedigree, o aumento de salas e de dÃas do festival, o certame proxectará a primeira longametraxe feita por unha cooperativa galega. Chámase “por min e polos meus compañeiros” e é obra do realizador coruñés Xudas Xiz.
Máis información sobre a longametraxe de Xudas Xiz en Vieiros e sobre o Festival no seu web e na nosa hemeroteca