O Consello organiza unhas xornadas para dar a coñecer as proximidades arquitectónicas con Galicia, Castela, A Mancha, Azores e Madeira

A arquitectura (VII)

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Galicia, Castela a Mancha, Azores e Madeira comparten unha proximidade xeográfica pero son áreas con problemáticas propias e con perspectivas de futuro claramente diferenciadas. Analizalas a través da man de arquitectos da talla de Manuel de las Casas é o obxectivo do sétimo ciclo de “Arquitectura e Identidade Cultural” que organiza o Consello da Cultura (CCG). Un proxecto único e pioneiro en todo o Estado que pretende reflexionar sobre a relación entre a arquitectura e o territorio. Na presentación das xornadas que terán lugar do 4 ao 6 de maio estaban o presidente en funcións, Alfonso Zulueta e o coordinador da institución. Zulueta aproveitou un dos seus últimos actos como presidente do Consello para agradecer a Iago Seara o seu traballo a cargo da sección de Arquitectura.

Máis información no web do Consello

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Mancha, Castela, Iago Seara...

Claves

Protagonistas
Lugares