Lugo celebrará o Día do Libro co reparto gratuíto de milleiros de libros nas rúas

A muralla de Babel

21/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
23 lecturas | Compartido 0 veces
Catro milleiros de libros repartiranse de balde no centro de Lugo como parte deste proxecto chamado Bibliotecas de Babel. Os cidadáns poderán conseguir un volume con só encher unha ficha na que se lle pide que faga unha reflexión sobre a importancia que lle dan aos libros. De acordo con proxecto organizado pola artista Luz Darriba e o Concello de Lugo as reflexións deixadas nesas fichas trasladaranse despois a un libro catálogo do proxecto que editará o Concello. O Día do Libro desde as once da mañá os libros estarán dispostos en cinco puntos diferentes do recinto amurallado agardando polo paso dos cidadáns como unha gran biblioteca aberta nas rúas.

Máis información no Concello de Lugo


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Día do Libro, Concello de Lugo, Bibliotecas

Claves

Conceptos
Lugares