Durante sete semanas, dúas familias galegas vivirán do mesmo xeito que hai cen anos. Trátase de “A cada de 1906”, o programa que emitirá a Televisión de Galicia para finais de ano. É o primeiro reality show que emitirá a cadea pública inspirándose en formatos de éxito como “A casa da túa vida” ou “A illa dos famosos”, pero cun carácter documental. Próximo ao reality tamén está “Luba Tv”, un programa que a TVG estreará este sábado. Ambientado nunha liga de baloncesto universitaria trátase dun programa que contará con actuacións musicais, duólogos, entevistas e exhibicións de danza.