Arteixo dá a coñecer os premios do seu certame mentres se falla o concurso de BD do Correlingua

Choiva de premios

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Roi Paz Collazo proclamouse gañador do XI Certame de BD de Arteixo coa obra "Últimas voluntades". O autor xa se fixera con varios premios en diferentes certames do país con anterioridade, e quedara terceiro na anterior edición deste mesmo encontro. Canda a el, Mateo Rodríguez Navas levou o primeiro premio na categoría xuvenil coa obra "Frigo" e Leticia Suárez fíxose co galardón infantil con "Arco de Rosas". Tamén a organización do Correlingua fallou recentemente o seu certame de novena arte. O Colexio de Covas, en Viveiro, levou o primeiro premio coa obra "Un mundo novo co galego". Roi Paz Collazo proclamouse gañador do XI Certame de BD de Arteixo coa obra "Últimas voluntades". O autor xa se fixera con varios premios en diferentes certames do país con anterioridade, e quedara terceiro na anterior edición deste mesmo encontro. Canda a el, Mateo Rodríguez Navas levou o primeiro premio na categoría xuvenil coa obra "Frigo" e Leticia Suárez fíxose co galardón infantil con "Arco de Rosas". Tamén a organización do Correlingua fallou recentemente o seu certame de novena arte. O Colexio de Covas, en Viveiro, levou o primeiro premio coa obra "Un mundo novo co galego".

Máis información comicarteixo.com e no web do Correlingua; máis sobre Roi Paz nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Correlingua, Arteixo, ARCO, Viveiro...

Claves

Lugares