Moncho Borrajo presenta a fundación coa que quere axudar os nenos da provincia de Ourense

Os trens de Moncho

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A abandonada estación de tren de Baños de Molgas é o espazo recuperado por Moncho Borrajo para crear unha fundación. A sociedade que levará o nome do cómico inaugurarase en marzo de 2007 e contará cun albergue, un museo e unha biblioteca. O obxectivo desta fundación e axudar aos nenos da provincia cun programa que achegue recursos aos que son superdotados, así como axuda para os enfermos que non teñen recursos. A estación, que se recupera dentro do proxecto europeo “Estacións” que promove o Inorde, convertirase tamén nun referente turístico, para dinamizar a vila de Baños de Molgas na que naceu Borrajo.

Máis información en La Región e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, La Región, La Voz de Galicia

Claves

Lugares