A Xunta celebrará unha homenaxe para lembrar os emigrantes desaparecidos na ditadura de arxentina

Trinta anos desaparecidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Cúmprense trinta anos do inicio da ditadura militar de Arxentina (1976-1983). Un país ao que emigraron moitos galegos que tamén sufriron a represión do réxime. Segundo as cifras oficiais, dos 30.000 desaparecidos 300 son galegos. Por iso, o goberno galego acaba de facer unha declaración institucional sobre os desaparecidos de orixe galega. Nela comprometeuse a atender, a través dos programas sociais e asistenciais vixentes e no ámbito das súas competencias aos familiares dos galegos desaparecidos, así como establecer un mecanismo de cooperación na investigación e na localización doutros familiares. Ademais, o vindeiro 30 de setembro, a Xunta celebrará un programa de homenaxes para honrar aos emigrantes desaparecidos.

Consulta a declaración institucional no Consello da Xunta (en pdf), La Opinión e Vieiros

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arxentina, La Opinión, Vieiros, Goberno Galego

Claves

Lugares