César Portela exhibe en Madrid un repaso da súa traxectoria, que supón unha ollada á arquitectura galega

Arquitecturas presentes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
No inicio da súa carreira César Portela (Pontevedra, 1937) acudía ao Centro de Belas Artes de Madrid a pintar espidos. Corenta anos despois un dos arquitectos galegos máis internacionais volve ao mesmo edificio para ofrecer unha retrospectiva da súa evolución profesional. A mostra estará aberta ata o 9 de abril e inclúe maquetas, fotografías e vídeos. Ademais de trazar un percorrido pola súa traxectoria, supón unha exhibición de boa parte da arquitectura contemporánea de Galicia. En Madrid poden verse obras como o cemiterio de Fisterra, construído como homenaxe aos naufraxios do mar, a recuperación que fixo da Carballeira da Crespa en Lalín ou unha obra que está en fase de construción como é o auditorio de Vigo.

Máis información en La Voz de Galicia e na nosa El Correo Gallego, Círculo de Bellas Artes de Madrid e sobre César Portela na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Arquitectura, César Portela, Naufraxios...