A biblioteca González Garcés da Coruña publica un díptico que recolle as súas últimas adquisicións de banda deseñada

As novidades, na biblioteca

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os usuarios da biblioteca González Garcés da Coruña están xa afeitos a dispor dunha boa selección de BD nos seus andeis. Agora un dos traballadores deste centro, Xosé Manuel Pérez, acaba de publicar un díptico no que presenta as últimas adquisicións neste campo. Segundo el, a grande demanda que ten a novena arte na biblioteca fai que os novos volumes poidan pasar desapercibidos para os lectores ao non os ver nos andeis. Esta publicación, destinada aos usuarios do centro, sairá sen unha periodicidade fixa segundo se vaian incrementando os fondos. Este bibliotecario sinala que os títulos de BD europea son os que teñen máis demanda, e que deben recorrer a librarías especializadas para conseguir boa parte do material. Neste primeiro díptico pódense ver recensións sobre unha boa parte das máis recentes publicacións a nivel estatal.

Máis información no web da biblioteca, o díptico en formato PDF

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Culturagalega

Claves

Entidades
Conceptos