O cuarto traballo de Mutenrohi quere ofrecer unha música para gozar bailando

Elixir de xuventude

4/6/2001 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Con DANZE (Zouma Records, 2001) Mutenrohi seguen na súa liña de innovación e investigación musical, buscando a unión real entre a música tradicional e o pop.O nome do disco revela a intención de ofrecer unha música para bailar, que faga dos seus concertos unha boa forma de pasar o rato, gozando dun espectáculo de música tradicional desde a elegancia e os arranxos. Mutenrohi ten sido dos primeiros en moitas cousas en Galicia. Foron o primeiro grupo folk que fixeron un disco en directo, os primeiros en realizar proxeccións nos concertos, en usar bailaríns nos espectáculos, dos primeiros en usar "loops" e secuencias musicais nas súas producións. É tamén a primeira das novas bandas que recuperou a voz para as súas gravacións, como neste traballo que inclúe seis temas vocais. A voz de Cristina Barriga volta á banda despois de colaboracións no anterior disco ("Cousas da Lúa", CNR Arcade 1999) e de ir de xira con Cristina Pato.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Xuventude, Cristina Pato, Pop...

Claves

Protagonistas