"Galicia Hoxe" revela nunha reportaxe aspectos inéditos da vida privada de Julio Camba

Camba íntimo

A casa da familia de Pastor Pombo agocha un bo feixe de documentos que revelan algúns dos aspectos máis íntimos de Julio Camba. Unha reportaxe de Benito Leire en "Galicia Hoxe" dá a coñecer algunhas das revelacións que se agochan nas cartas e fotografías que un dos mellores amigos deste xornalista atesourou ao longo dos anos. Este legado cobra especial importancia tendo en conta que existen moi poucos manuscritos deste autor. A familia de Pombo está actualmente a ordenar toda esta documentación e agarda que aparezan novos datos sobre o xornalista.

Máis información en Galicia Hoxe