A Universidade de Vigo colga na rede un tradutor automático galego-castelán-galego

Automatismo

A partir de agora todas podes traducir ao galego textos, ficheiros (txt, rtf ou html) e mesmo sitios web que estean en español. E viceversa. Isto é posible grazas a Artium, un servizo que acaba de colgar na rede o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo. A versión que está dispoñible, de xeito gratuíto, é o primeiro chanzo dunha serie que se completará con traducións entre o español e outras linguas peninsulares. O proxecto financiouse con cargo ao programa Profit do Ministerio de Industria e unha serie de entidades, entre as que está Imaxin Software.

Consulta Culturagalega.org en español a través do tradutor automático e máis información en Vieiros