O encontro “Teatro e cidadanía” pecha sinalando a necesidade de conseguir programacións estables e os problemas de relevo xeracional no público

As conclusións do teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Foron dous días de intenso debate no Consello da Cultura Galega. O encontro “Teatro e cidadanía”, que organizou a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de escena reuniu boa parte do mundo escénico galego pechaba onte logo de analizar polo miúdo os problemas e as perspectivas deste ámbito. Desde conseguir programacións regulares que permitan afacer o público para que acuda ao teatro ata o problema de conseguir un relevo xeracional entre os espectadores, todo tipo de cuestións se presentaron no evento. No mesmo encontro, o novo xerente do IGAEM, Miguel Martín solicitou cincuenta días de proba desde a incorporación ao seu cargo antes de que comezar o contacto cos profesionais do medio.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Miguel Martín, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia...