As galerías galegas participan en feiras e certames de todo o mundo

Feireando

7/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Novembro é mes de feiras. O pasado día 1 rematou en Salamanca a primeira feira de arte contemporáneo desta localidade, que pretendeu afondar nos conceptos “Arte e cidade”. Entre as vinte galerías desprazadas figuraba a santiaguesa Trinta. A seguinte cita, será en Barcelona do 10 ao 13, chámase Loop Videoarte e alí estará a Galería Marisa Marimón para levar traballos de Antón Cabaleiro. Por último, do 19 ao 27 de novembro terá lugar en Madrid a 29 edición de Feriarte, que recolle os anticuarios de Francia, Italia, Alemaña, Portugal, Austria e Bélxica. Catro galerías galegas, a pontevedresa de Jaime Trigo, as viguesas Montenegro e Consuelo Román e a arousá Art Kabinett estárán presentes neste evento.

Máis información no web de Loop e Feriarte 2005

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Feira, Barcelona, Marisa Marimón...