Amal arranca hoxe en Compostela converténdose nun festival de cine competitivo

De festival en festival

24/10/2005 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
3 lecturas | Compartido 0 veces
Esta tarde comeza en Compostela “Amal 05”. Antes era unha mostra audiovisual que ofrecía producións árabes e paralelamente, buscaba crear alianzas coas produtoras de aquí. A edición que hoxe arranca xa non é unha mostra, senón un festival con carácter competitivo e internacional. Amal recolle o testemuño deixado por “Curtocircuíto” , o festival de promoción da curtametraxes que rematou o sábado coa entrega de premios. Os tres mil euros de cada categoría foron para “Retruc” de Francesc Talavera no apártao de ficción, “Tadeo Jones” de Enrique Gato en animación e “Out of nowhere” de Diego Santomé en videocreación. Ademais, a cinta de Javier Fesser obtivo os 1.500 euros do premio do público. Curtocircuíto pechou esta segunda edición cunha asistencia de 3.000 espectadores.

Máis información nos sitios web de Amal e Curtocircuito


Universo culturagalega.gal

Contextos