A cervexa Estrella Galicia renova a súa imaxe e anuncia unha chea de eventos para celebrar o seu centenario

Unha Estrela nova

Unha nova imaxe, deseñada por Xaime Cabanas, acompañará a cervexa Estrella Galicia para conmemorar no 2006 o seu primeiro centenario. A marca anuncia que o historiador Ramón Villares está a preparar un libro sobre estes cen anos de cervexa e que dentro dos actos de celebración se inclúe a coprodución do filme de animación “De profundis”, que dirixe Miguelanxo Prado. Aínda que aseguran que están a analizar as diferentes propostas que recibiron dos consumidores para celebrar este aniversario, adiantan que van editar unha coleccións de discos conmemorativa.

Máis información en La Opinión, en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos