Filmanova presenta dúas producións que guionizarán os escritores Paul Auster e Barry Giffor

Desenlaces e outras cousas

3/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“O país das ultimas cousas” e “Portovero” son os últimos proxectos nos que está a traballar Filmanova Invest. Comezarán a rodarse en maio e xa contan cunha serie de nomes no proxecto. Para o primeiro, que dirixirá o arxentino Alexandro Chomski colaborará Paul Auster que adaptará ao cine a súa novela homónima. Para o segundo proxecto, que ten previsto a súa rodaxe en Vigo e Zurich, colaborará outro escritor con experiencia cinematográfica, Bary Gifford. Ademais, esta semana chegará ás carteleiras “O desenlace” a última entrega da triloxía Dogma rodada por Juan Pinzas. Unha produción que se preestará mañá en Compostela e que chega avalada por unha serie de premios, entre os que destaca o Premio Especial do Xurado do Festival de Cine Latino de Nova York.

Máis información sobre Filmanova e Juan Pinzás en AVG

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filmanova, Cine, AVG, Paul Auster...