A Academia Galega do Audiovisual aprobou un manifesto nunha grande asemblea con representantes do sector e do mundo da cultura

Asemblea audiovisual

28/9/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A creación dun organismo único que articule todos os sectores implicados no audiovisual e que organice a política audiovisual do goberno é unha das solicitudes que a Academia Galega do Audiovisual lle fará chegar á Xunta. A asemblea que esta entidade convocou na tarde de onte en Compostela acordou redactar un manifesto que se lle fará chegar ao Goberno galego e que aborda tamén cuestións coma a necesidade de reorganizar a política de axudas ou creación da segunda canle da TVG. No encontro e na redacción deste texto participaron representantes dos máis diversos campos da cultura, asociacións empresariais, delegados do ensino universitario e outras institucións culturais, coma o Consello da Cultura.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, Manifesto, Asociacións, Goberno Galego...