A artista pontevedresa Amaya González (Sanxenxo, 1979) vai a estrear o seu curriculum expositivo fóra de Galicia na segunda edición do Foro Internacional de Arte “Pilot”. Un evento que se realiza de xeito paralelo á Feira de Arte Contemporánea “Frieze”, do 21 ao 26 de outubro, e supón unha carta de presentación para esta artista nova. A oportunidade brindoulla o MARCO, onde expuxo a dentro do proxecto “Eu, museo” que o centro vigués abriu ao público hai uns meses, xa que o seu xefe de exposicións é un dos cen expertos internacionais cos que contou a exposición para a selección de artistas. Actualmente, Amaia prepara unha mostra colectiva en Santiago, onde traballa cunha bolsa.
Máis información en Faro de Vigo, sobre Amaia no noso Bumerang e no web do proxecto