“Doce indicadores ambientais. Galiza insustentábel” é o título do informe que presentou onte publicamente a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Entre outras cuestións, este texto sinala que ata un catorce por cento das especies de fauna que habitan en Galicia están en perigo de extinción, incluíndo animais tan emblemáticos coma a pita de monte ou a aguia real. Ademais, sinalan tamén que a produción de residuos urbanos no país medrou un 23% nos últimos seis anos. Como conclusión, destacan que consumimos recursos seis veces por riba das posibilidades do territorio.
Máis información en Vieiros, en La Voz de Galicia e no web de ADEGA (en PDF)
