As linguas cooficiais voltarán ao Congreso mentres o Xardín da Palabra exclúe o galego na Coruña

Acordos fóra, liortas na casa

5/9/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Un acordo entre Esquerra Republicana e o PSOE permitirá que o galego, o catalán e o vasco se poidan utilizar de novo no Congreso dos Deputados. Os discursos dos parlamentarios nestas linguas traduciríanse ao castelán. O emprego destas linguas, que se permitira o pasado febreiro quedara en suspenso polos incidentes con algúns deputados de Esquerra. Simultaneamente, o BNG solicitoulle ao Ministerio de Cultura que impida que o proxecto do Xardín da Palabra, realizado polo Concello da Coruña, exclúa o galego. Esta instalación, que pretende recuperar os arredores da Torre de Hércules, incluirá textos sobre a cidade no seu idioma orixinal canda a tradución ao español, sen que apareza na selección ningún fragmento en galego.

Máis información na edición de hoxe de Galicia Hoxe e no web do BNG

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BNG, A Coruña, Tradución, Torre...