Marca de visitantes, premios contra o sexismo e algún novo fanzine son as últimas novas que nos deixa Viñetas desde o Atlántico

A resaca do Atlántico

A oitava edición de Viñetas desde o Atlántico non deixa de nos traer novas. Para comezar, desde a organización aseguran ter contabilizadas xa máis de setenta e dúas mil visitas, sen contar os asistentes ás mostras que estaban situadas no recinto de Palexco. Xa case no peche do evento, a compostelá Anabella Vázquez recibía o premio do certame de bandas deseñadas contra a discriminación sexual que organizou o concello. Tamén a última hora decubrimos a presentación do cuarto número do fanzine “Carne Líquida” realizado por Brais Rodríguez e Roque Romero e que xa esgotou a súa curta tiraxe no propio evento. Coincidindo co final de viñetas coñecemos que o seu director, Miguelanxo Prado, está convidado ás xornadas de Avilés, que se celebrarán entre o seis e o once de setembro e que contan cun cartel deseñado tamén por este autor.

Máis información en La Voz de Galicia sobre as cifras de visitantes; sobre o premio; a nosa ficha de Carne Líquida; web das xornadas de Avilés