As autoras de BD, o Capitán Trueno e a produción galega marcan os eixes de Viñetas desde o Atlántico

Oito cadriños da Coruña

9/8/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A oitava edición de “Viñetas desde o Atlántico” achegará á Coruña a partir do vindeiro día quince un programa que recolle un amplo panorama da BD internacional. Francisco Vázquez, alcalde da cidade e Miguelanxo Prado, director do evento, presentaban onte esta edición destacando a homenaxe que se lle fará a un personaxe mítico como é o “Capitán Trueno” con ocasión dos seus cincuenta anos. Canda a esta homenaxe, Purita Campos, creadora da mítica serie “Esther”, a ilustradora gótica Victoria Francés e a premiada autora Raquel Alzate achegarán a destacada presenza feminina desta edición. Confírmase tamén a presenza de autores internacionais coma George Pratt, Ventura, Enrique Breccia ou Javier Olivares. A parte galega achégana as mostras dedicadas ao autor Fran Bueno e á revista “BD Banda”. Ao longo do salón tanto esta publicación coma o colectivo Polaqia presentarán os seus novos lanzamentos editoriais.

Máis información en La Voz de Galicia, en El Ideal Gallego, no noso tema sobre Viñetas e no soportal BD

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, Culturagalega, Francisco Vázquez...