Un documental aparecido en Portugal documenta en cine o Ano Santo de 1915

Aquel Xacobeo do 15

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Aínda que é nos últimos vinte anos cando máis impulso público se lle está a dar, o Ano Santo xa se celebraba hai ben tempo. Corrobórao o histórico filme que se acaba de atopar en Portugal, que co título “Ano Santo en Galicia”, recolle trinta minutos de escenas desta celebración xa en 1915. A filmación supón a máis antiga longametraxe histórica que existe sobre o noso país e será restaurada polo Centro Galego de Artes da Imaxe, en colaboración coa Cinemateca Portuguesa e a Filmoteca Española.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Portugal, Documental, Centro Galego de Artes da Imaxe...