“Quérote mal” é o tÃtulo co que a catalá Mireia Giró acaba de facerse co premio “Proxecto Compostela Plató” que lle outorga 30.000 euros para materializar o seu guión. Co fallo do concurso comeza a exhibición das rúas desta edición de CurtocircuÃto 05 que levará hoxe á Praza do Toural as curtametraxes máis tradicionais do audiovisual galego. Ata o 8 de setembro todos os xoves levarase a cabo unha proxección de curtas galegas en prazas públicas compostelás. Pero non é a única nova do audiovisual que se sucede estes dÃas en Galicia, xa que na Coruña, dentro do programa “Cero en Conducta”, Jose LuÃs Borau irá desmenuzando o seu último filme “Leo”. Ademais, esta mesma tarde Casimiro Torreiro continuará analizando o perfil do crÃtico e a evolución da crÃtica na historia do cinema no obradoiro que está a impartir no Consello da Cultura Galega.
Máis información sobre CurtocircuÃto no seu web, sobre o seminario “Cero en Conducta” no web do CGAI e no web do Consello da Cultura sobre o obradoiro de CrÃtica Cinematográfica.