Un estudo do CSIC revela que as bacterias autóctonas das rías galegas participan na eliminación do fuel do Prestige

As bacterias da casa tamén limpan

A poboación de bacterias existente nas rías galegas é quen de degradar en boa medida os restos de fuel vertido polo Prestige. Esta é a conclusión á que chegou un grupo de investigación do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) logo de analizar a evolución destes residuos. Segundo o artigo publicado na revista “Enviromental Microbiology”, as maiores poboacións destes organismos apareceron en zonas que foran limpadas logo de sufrir un vertido importante, polo que se supón que as tarefas de limpeza facilitan a acción posterior destas especies. O grupo de investigación busca agora o xeito de estimular a actividade bacteriana en zonas de difícil acceso para optimizar a eliminación do fuel.

Máis información en Galicia Hoxe